Escoitar

Os orzamentos de 2025 dedicarán 5.212.000 euros á xeración e consolidación de postos de traballo

O alcalde avanzou hoxe que o goberno municipal dedicará 5.212.000 euros no orzamento de 2025 ás políticas de emprego. “Seguimos facendo programas de apoio á xeración de emprego e á estabilización”, remarcou Abel Caballero.

luns, 21 out 2024

O rexedor explicou este luns que o Concello levará a cabo un programa de axudas do plan de creación de emprego, que estará dotado con 1.490.000 euros. “É unha cifra moi signicativa”, incidiu ao sinalar que a esta iniciativa súmanse os programas de inserción laboral, que conta cunha asignación de 1.210.000 euros; así como a iniciativa "Vigo Emprende", con 147.000 euros.

Caballero apuntou que a administración municipal destinará o ano que vén máis de 200.000 euros para apoiar ás citas feirais que se organizan na cidade, como Conxemar, Mindtecht, Navalia ou o Foro de Emprego da Universidade.

“Queremos que as empresas sigan contratando e fagan contratos en mellores condicións aos traballadores”, recalcou o alcalde ao sinalar que a este obxectivo destínanse 235.000 euros, ademais doutros 100.000 en programas xerais de emprego.

Descargar todas as imaxes