Vigo acollerá en maio de 2025 a única feira do sector acuícola en España
A cidade será sede do III Salón Internacional da Industria Acuícola 2025, a única feira destas características de España. Será entre o 20 e o 22 de maio e está prevista a presencia de 150 expositores de case 25 países.
O alcalde reuniuse esta mañá cos organizadores do III Salón Internacional da Industria Acuícola 2025 para avanzar la organización deste congreso no Ifevi entre o 20 e o 22 de maio. Caballero felicitouse porque a cidade acolla a único evento destas características que se organiza en España, un proxecto sólido e de futuro que quere afianzar seu carácter internacional.
Aquafuture Spain é a segunda feira acuícola de Europa e na pasada edición participaron máis de 150 expositores de 24 países e 2.500 visitantes profesionais. A previsión nesta edición é superar os 200 expositores, con 30 conferencias de máis de 80 ponentes internacionais, ademais de 16.000 m2 de superficie expositiva. O congreso contará con representación da acuicultura no seu conxunto: mariña e continental, cultivo de moluscos (mexilón, ostra, ameixa) e tamén se abordarán novos retos como o cultivo de algas.