xoves, 24 out 2024
Abel Caballero detallou este xoves o presuposto para a área de Cultura do goberno municipal que sobe un 8,2% ata os 18,5 millóns de euros para “atender todo” o ámbito co fin de que Vigo “siga sendo a cidade da cultura”.
xoves, 24 out 2024
A Xunta de Goberno Local aprobará a adxudicación dunha asistencia técnica para analizar o estado dos vestiarios e remodelalos. Amais, o goberno municipal avanza na tramitación das obras da Avenida de Madrid e interpoñerá un recurso contencioso administrativo contra o Concello do Porriño pola débeda da auga.
xoves, 24 out 2024
O Concello de Vigo renova o apoio á Feira Vegana "VeganaGal", que terá lugar a próxima fin de semana no Instituto Feiral de Vigo. A cuarta edición da feira, dirixida tanto aos profesionais do sector como ao público xeral, reúne a 90 expositores, ao tempo que despregará un amplo programa de actividades integrado por conferencias de expertos, intervencións artísticas, gastronomía vexetal e unha área para que os nenos aprendan a preparar pratos vexetais saudables. O alcalde saudou este xoves ás organizadoras do evento, Patricia Menéndez e Tamara Posada.
xoves, 24 out 2024
A Fundación Laxeiro expón a partir de mañá venres, ata o 12 de xaneiro de 2025, a exposición "Ollo á orella" con oito obras sonoras e unha partitura colectiva. As artistas Ana Gesto, Elena Matamoro, Berio Molina, Macarena Montesinos, Acacia Ojea, Alejandra Pombo, Anxo Rodríguez, Xoán Xil, Horacio González e Ariel Ninas, vertebran a mostra comisariada polo profesor da facultade de Belas Artes de Pontevedra, Ignacio Barcia. O alcalde remarcou hoxe, durante a presentación da exposición, a dimensión do desaparecido pintor José Otero Abeledo, Laxeiro, a quen se dedica a fundación con sede na Casa Galega das Artes.
xoves, 24 out 2024
O alcalde instou este xoves ao presidente da Xunta a cesar “hoxe mesmo” ao conselleiro de Sanidade logo das declaracións realizadas desde o Sergas nas que se argumenta que é unha "elección voluntaria e puntual" dos pacientes someterse a tratamento en Ourense.
xoves, 24 out 2024
O teatro-cine Salesianos acollerá este venres ás 21.00 horas o último concerto do programa artístico cultural "VigoFem ", a cargo do grupo "De Vacas". O alcalde anunciou este xoves o cambio de escenario, xa que inicialmente estaba previsto en Porta do Sol, ante as previsións meteorolóxicas que anticipan a presenza de choiva. "VigoFem" é un espazo creado polo Concello de Vigo "para avanzar nos principios da igualdade e difundir a cultura feminista, ademais de impulsar a creatividade".