Abel Caballero: “O AVE Vigo-Porto é unha prioridade irrenunciable para esta cidade”
O alcalde comparte a celeridade do primeiro ministro de Portugal en unir o eixo atlántico en alta velocidade ferroviaria, pero pide a España e o país luso acortar os prazos: “A data ten que ser a posta en funcionamento no 2030”, subliñou Caballero.
O alcalde di que a liña de alta velocidade entre Vigo e Porto é “irrenunciable” e celebrou a súa ratificación no Cumio Hispano-Luso celebrado o 23 de outubro en Faro, como previamente se acordou nas xuntanzas de Guarda e Viana do Castelo. Caballero sumouse á prioridade que sinalou o primeiro ministro portugués, que é a unión do eixo atlántico, Lisboa – Porto – Vigo, para logo chegar ata Madrid.
Caballero pide aos gobernos de España e Portugal acortar os prazos, fixados por ambos os países para o 2032. O rexedor vigués di que a data de posta en funcionamento do AVE Vigo – Porto ten que ser o 2030. “Dedicarei o meu esforzo á completa defensa da cidade de Vigo. A miña prioridade é Vigo e vou defender á cidade fronte a quen sexa e fareino acompañado da cidadanía”.