A IV edición da Feira Vegana "VeganaGal" reune esta fin de semana no IFEVI a 90 expositores
O Concello de Vigo renova o apoio á Feira Vegana "VeganaGal", que terá lugar a próxima fin de semana no Instituto Feiral de Vigo. A cuarta edición da feira, dirixida tanto aos profesionais do sector como ao público xeral, reúne a 90 expositores, ao tempo que despregará un amplo programa de actividades integrado por conferencias de expertos, intervencións artísticas, gastronomía vexetal e unha área para que os nenos aprendan a preparar pratos vexetais saudables. O alcalde saudou este xoves ás organizadoras do evento, Patricia Menéndez e Tamara Posada.
