O Concello facilitará o acceso ao domicilio dos residentes da zona central do Nadal
O goberno local deseñou unha autorización especial de acceso para residentes da zona central do Nadal. Trátase dunha tarxeta que permite o acceso a garaxes e domicilios e que poderá solicitarse na páxina web municipal a partir do próximo luns 28 de outubro.
O Concello habilitará unha autorización de acceso exclusivo para residentes á zona central de Nadal. Trátase dunha tarxeta que permite aos residentes circular co vehículo particular polas rúas restrinxidas ao resto de automóbiles.
A partir do próximo luns 28 de outubro, as persoas interesadas poderán obter o permiso na web municipal www.vigo.org. Na mesma páxina estará axunto o documento co listado de rúas de acceso exclusivo para residentes, ademais dun mapa. O permiso poderá imprimirse desde a propia web ou poderá recollerse no propio Concello, onde tamén se poderá solicitar de xeito presencial. O documento deberá colocarse nun lugar visible do coche.