O Concello aproba axudas ao emprego por importe de 235.000 euros
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás axudas do ano 2024 que, en diferentes ámbitos, contribúen a mellorar a situación laboral de 80 traballadores e desempregados.

O alcalde explicou que o goberno municipal continúa cos seus plans de apoio ao emprego neste ano 2024 que teñen como obxectivo axudar ás empresas a transformar contratos temporais en indefinidos, incentivar a contratación indefinida e mellorar a estabilidade laboral de traballadores. En definitiva, o propósito municipal é xerar emprego e estabilizar os postos xa creados.
Abel Caballero apuntou que o orzamento do Concello para o ano 2025 no ámbito do emprego ascende a 5.212.00 euros.