Vigo súmase ao mes de Concienciación Global da Disautonomía e ao Día Nacional do TDAH
As fontes de Aragón ilumínanse de azul este venres, 25 de outubro, amosando o apoio e solidariedade coas persoas afectadas polas disautonomías, afeccións que provocan un mal funcionamento do sistema nervioso autónomo como a frecuencia cardíaca, a presión arterial ou a actividade mental e que sofren máis de 70 millóns de persoas en todo o mundo. Ademais, as fontes de Aragón tinguiranse de laranxa o domingo, 27 de outubro, para visibilizar o Día Nacional do TDAH (Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade) que afecta ao 8,8% da poboación mundial segundo a OMS e que impacta a persoas de tódalas idades, xéneros e culturas. Este ano desenvólvese baixo o lema "Unha realidade na nosa sociedade".
Descargar todas as imaxes