martes, 29 outubro 2024

Comeza o programa municipal para escolares “Visita o teu Concello”

martes, 29 out 2024

O alcalde deu a benvida ás alumnas do colexio Las Acacias que foron as primeiras nesta tempada do programa municipal “Visita o teu Concello”, no que escolares de 5º e 6 de Educación Primaria e 1º e 2º da ESO coñecen durante a mañá a actividade municipal e as instancias do consistorio. Nesta actividade participarán ao redor de 2.500 estudantes de 50 centros educativos.

O Auditorio Mar de Vigo programará 24 espectáculos desde novembro ata marzo

martes, 29 out 2024

O musical de Kinki Boots ou a Gran Suite de Nadal do Ballet Clásico de Cuba dirixido por Laura Alonso son algunhas das propostas que chegarán ao Auditorio Mar de Vigo os próximos meses. Abel Caballero, acompañado por Iñaki Teixeira, responsable da instalación cultural, avanzou que a programación inclúe 24 espectáculos, variados e para todos os públicos.