Caballero: "A árbore e o bosque do Nadal da Porta do Sol van dar a volta ao mundo"
O alcalde asistiu á instalación da estrela xigante que culmina a árbore de Nadal instalada na Porta do Sol e que proporciona á estrutura case 10 metros de altura máis que o ano pasado.

Abel Caballero explicou que a “estrela da árbore, que chamou a atención de toda España durante o último Nadal”, conta na parte máis ampla cun diámetro de 17 metros. “É unha estrela en 3 dimensións que se compón de diferentes pezas que teñen que ser subidas unha a unha pola dificultade da montaxe e que propiciou que o ano pasado a árbore superase os 44 metros e fora o máis alto de España”, indicou o alcalde.
A partir desta tarde quedará montado unha árbore que supera en altura á do ano pasado, segundo recalcou o rexedor. “Tivemos que ampliar a base para ampliar o cono moito máis”, detallou. Caballero avanzou que este ano o espectáculo de luz e son será distinto ao de anteriores edicións, cun volume do son adaptado para evitar molestias innecesarias.
Nova imaxe
Entre as novidades avanzadas polo alcalde destaca a instalación na Porta do Sol de oito árbores de oito metros de altura. “Imos crear un bosque de árbores de luces de Nadal vivos”, indicou Caballero ao instar a esperar ata o acendido para entender o novo escenario “que vai dar a volta a todo o mundo”.
A data do aceso será comunicada nos próximos días “porque sabemos que hai unha gran expectación en todas partes para coñecer cando ilumina Vigo o Nadal”, concluíu o alcalde.


