Escoitar

O Concello pon en marcha un servizo especial de bus urbano para asistir aos partidos das Celtas

O alcalde informou que se activará para asistir ao encontro que enfrontará ás Celtas co Victoria Fútbol Club este sábado 2 de novembro ás 16:30h no campo da Madroa.

xoves, 31 out 2024

O vindeiro sábado 2 de novembro “poremos un servizo especial de autobuses para facilitar o traslado” ata A Madroa dos afeccionados que acudirán ao encontro das Celtas. O partido enfronta ás viguesas ante o Victoria Fútbol Club de Santiago de Compostela.

Este servizo, en fase de probas, permitirá detectar a demanda real e facer as modificación precisas para optimizar a operativa. O obxectivo principal é mellorar a conectividade os días de partido con rutas directas de ida e volta ao estadio da Cidade Deportiva da Madroa e horarios adaptados, proporcionando unha alternativa cómoda e eficiente para a afección celeste.

O servizo dará comezo o sábado ás 15:13h horas desde a rúa Teixugueiras, á altura do número 29, e percorrerá os seguintes puntos: Limpiño - VG20 - Porriño - Baiona - Avd. Castelao - Coruña - Torrecedeira - Gaiteiro Ricardo Portela - Beiramar - Cánovas del Castillo - Policarpo Sanz - Urzáiz - Travesía de Vigo – Jenaro de la Fuente - Avd. Aeroporto - San Cristovo - Subida a Madroa - Camiño da Devesa - A Madroa.

Descargar todas as imaxes