Escoitar

A Subida ao Castro 2026 abre o circuíto municipal de carreiras Run Run Vigo

A carreira partirá do Paseo das Avenidas (Montero Ríos) e finalizará na fortaleza do Castro, nun percorrido de tres quilómetros sempre en subida. As inscricións permanecen abertas.

venres, 6 feb 2026

A cidade de Vigo dará o domingo 15 de febreiro, ás 12:00 horas, o pistoletazo de saída ao Run Run Vigo 2026 coa celebración da Subida ao Castro, unha das probas máis emblemáticas e esixentes do calendario atlético local.

A día de hoxe, as inscricións permanecen abertas e todo apunta a que se podería superar o récord histórico de participación, fixado en 523 “finishers” en xaneiro de 2020. O alcalde saudou aos patrocinadores e tamén aos atletas que participaron nas probas noutras ocasión, Noemí Álvarez y Pablo Camescasse.

A Subida ao Castro  supón o arranque dun circuíto municipal que en 2026 estará composto por doce carreiras populares, que se desenvolverán entre os meses de febreiro e decembro, cun único parón nos meses de xullo e agosto.

Descargar todas as imaxes