O alcalde visita as melloradas salas de exposición da Casa das Artes
O alcalde percorreu este venres, coa primeira tenente de alcalde, o concelleiro de Cultura, o director dos museos municipais e o responsable do Museo Quiñones de León, o remodelado espazo expositivo da primeira planta da Casa das Artes. O Concello investiu preto de 200.000 euros nas obras de mellora.
“Dispoñemos dunha primeira planta nova para exposicións nunha cidade que crea arte, na que a pintura xoga un importante papel e na que a renovación do século XX de toda España e dunha parte de Europa fraguouse desde Vigo”, recalcou o rexedor durante a visita ás obras de mellora da primeira planta da Casa das Artes.
Caballero sinalou que a remodelación incluíu a instalación de novos panelados, iluminación e portas, ademais do pintado de paredes e a climatización para a preservación das obras.
O rexedor avanzou que nun breve espazo de tempo todas as salas remodeladas da primeira planta acollerán “unha gran exposición da colección municipal de arte galego”, ao tempo que recordou que na planta baixa haberá exposicións temporais, que a segunda acollerá a exposición permanente da colección Torras e que a terceira manterá a mostra da colección Laxeiro.
O alcalde animou á cidadanía a visitar as exposicións que se organizarán na mellorada primeira planta e que serán anunciadas nas próximas semanas. “Aquel antigo Banco de España é hoxe, despois da remodelación, unha marabillosa sala de exposición con tres plantas con motivos distintos en cada planta”