Abel Caballero desvela que as finais da Vigo Cup 2026 serán en Balaídos
A nova edición do torneo de fútbol base contará con 300 equipos e máis de 5.000 participantes.
O alcalde da cidade explicou esta mañá que “xa estamos de novo poñendo en marcha a Vigo Cup do ano 2026”, que se desenvolverá na modalidade de fútbol sala do 12 ata o 21 de xuño e o fútbol 8 e fútbol 11 desde o 22 ao 28 de xuño. Contará con 300 equipos e máis de 5.000 participantes, que disputarán os seus encontros “en 20 espazos, 13 campos de fútbol e sete pavillóns”.
Unha das grandes novidades desta nova edición foi desvelada este venres por Abel Caballero, que explicou que o estadio municipal de Balaídos será o epicentro das finais. “Imos incorporar aquilo que fixemos hai uns anos”, xa que “é o evento de balompé en fútbol base máis importante que hai en España”.