Escoitar

O Club Deportivo Nieto, o Bembrive Fútbol Sala e Alfonso González serán Vigueses Distinguidos

O alcalde deu conta este venres de tres novas propostas na área de deportes para ser recoñecidos no mes de marzo como Vigueses Distinguidos.

venres, 6 feb 2026
Foto de arquivo do alcalde con Alfonso González, nunha homenaxe recibida en 2025
Foto de arquivo do alcalde con Alfonso González, nunha homenaxe recibida en 2025

O Concello de Vigo propoñerá como candidatos a Vigueses Distinguidos no ámbito deportivo ao Club Deportivo Nieto, ao Bembrive Fútbol sala e a Alfonso González, presidente do AlertaNavia.

 


Tal e como explicou Abel Caballero, o Club Deportivo Nieto, fundado no ano 1940 en Vigo, ten a súa sede no campo municipal do Meixoeiro. Conta con 10 equipos en distintas categorías e nestes momentos dispón de 273 licenzas e “unha enorme tradición de fútbol”.

 


O Club Deportivo Bembrive Fútbol sala será recoñecido pola súa “forma de entender o deporte desde o fútbol sala”, desde a súa fundación no ano 2001 co obxectivo de fomentar o deporte na parroquia e, especialmente, o deporte feminino. Nestes momentos ten 147 licenzas e conta con equipos en categorías femininas, masculinas e mixtas sendo o referente o equipo feminino en categoría elite, a segunda máxima categoría a nivel nacional, sendo o único equipo vigués. “A pasada temporada foron campioas de Liga de segunda división grupo 1 e merecen ser Viguesas Distinguidas”, destacou o rexedor.

 


Tamén será Vigués Distinguido Alfonso González, fundador do Club Polideportivo Alerta no ano 1962 con toda a súa vida dedicada ao deporte como “futbolista, organizador, directivo e presidente do AlertaNavia”. Na actualidade, o club ten 16 equipos en competición e 337 licenzas.

Descargar todas as imaxes