Escoitar

Vigo celebra o "Día da Muller e a Nena na Ciencia" con actividades divulgativas no MARCO

O alcalde alentou este martes aos 189 alumnos de sete colexios de Vigo que participan nas actividades organizadas no Museo MARCO con motivo do “Día da Muller e a Nena na Ciencia” a elixir a carreira ou estudos de formación profesional que desexen, “sen descartar nada a priori” e no caso das estudantes a “non descartar” formarse en coñecementos teconolóxicos ou de ciencias.

martes, 10 feb 2026

Abel Caballero asistiu hoxe aos talleres e conferencias organizados para alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria e primeiro e segundo de Educación Secundaria organizadas polo Concello de Vigo para achegar ás estudantes ao ámbito científico e visibilizar a todo o alumnado ás contribucións das científicas.

“O que importa é o esforzo, o estudo e a capacidade de traballo”, recalcou o alcalde ao insistir ás estudantes que poden conseguir todas as metas que se propoñan.

Entre os exemplos destacados por Caballero está Begoña Vila Costas, a viguesa que traballa como enxeñeira principal de sistemas da NASA que foi recoñecida mundialmente polo seu papel fundamental no telescopio espacial James Webb e que en 2022 recibiu o galardón de Viguesa Distinguida

Descargar todas as imaxes