O Goberno local aproba a humanización dos accesos á ermida da Guía
Abel Caballero desvelou esta mañá que a Xunta de Goberno Local dará luz verde a esta actuación en Teis, que terá un orzamento de 638.000€.
O Concello de Vigo aprobará na Xunta de Goberno Local deste venres o proxecto da humanización dos accesos á ermida da Guía en Teis. Os obxectivos da actuación son conseguir unha recuperación e mellora do espazo urbano no acceso á ermida, adaptando a sección da rúa e “potenciando o espazo do peón fronte ao do coche”, como explicou o rexedor.
A lonxitude de actuación é de 200 metros e terá un ancho variable entre 5 e 10 metros, o que supón unha superficie de 3.096 m2. Entre os traballos que se executarán:
- Demolición da estrutura en beiril da pasarela peonil.
- Demolición da antiga cafetería e acondicionamento do camiño que da acceso á mesma.
- Redistribución do vial cunha nova sección transversal, transformándoo nun espazo de prioridade peonil con tráfico vehicular restrinxido.
- Renovación do pavimento do vial en formigón e repavimentación da rampla de acceso ao cruceiro.
- Renovación da rede de iluminación e instalación de unha nova iluminación tipo LED.
- Instalación de nova rede eléctrica para poder independizar o alumeado.
- Instalación dunha nova rede semafórica para a regulación do tráfico.
- Instalación de rede de rego.
- Instalación de varanda, mobiliario e plantación de vexetación.
Caballero resaltou que se trata dunha “obra importantísima”, que terá un investimento de 638.000€ e conta cun prazo estimado para a execución das mesmas é de 5 meses.