Escoitar

A Casa das Artes acolle a mostra “Vigo. Luz e Cor” de Barreiro

“Unha gran exposición; a exposición dun mestre da pintura inigualable” avanza o rexedor sobre a mostra que o Concello abre este xoves, 19 de febreiro, no espazo municipal recollendo parte do universo vigués do pintor.

luns, 16 feb 2026
Folleto da mostra
Folleto da mostra

“Vigo. Luz e cor” reúne pinturas de escenas de circo, músicos, bodegóns e paisaxes urbanas, composicións vinculadas ao mar e á viaxe. Ademais exhibe o motivo da xanela, entendido como símbolo de conexión entre o mundo interior e o mundo exterior de José María Barreiro.

A mostra abre este xoves, 19 de febreiro e poderá visitarse na Casa das Artes ata o vindeiro 26 de abril. O alcalde avanzou que se trata dunha “gran exposición; é a exposición dun mestre da pintura inigualable” e convidou a toda a cidade a gozar da pintura de Barreiro, da súa obra e do seu arte.

Tal e como apuntou Caballero, Vigo constitúe un eixo fundamental na obra de Barreiro, polas súas condicións urbanas e pola súa xeografía, que analiza nas pinturas, así como pola permanencia do artista na cidade, onde ten taller desde o ano 1964.

José María Barreiro integrouse de forma precoz nos ambientes culturais vigueses, estableceu relación con Lugrís e Laxeiro e, tras unha estancia de catro anos en Bos Aires, regresa a Vigo en 1974 consolidando un universo pictórico no que destaca o predominio da cor.

Descargar todas as imaxes