A Vigo Covention Bureau terá 500.000 euros para promocionar a celebración de congresos na cidade
O Concello de Vigo transferirá 500.000 á Fundación Vigo Convention Bureau para financiar o seu funcionamento en 2026.
Abel Caballero explicou este luns que o financiamento vai destinado a que Fundación Vigo Convention Bureau desenvolva o seu labor de atracción de turismo á cidade. “Estamos a ter un desenvolvemento turístico profesional no sistema MICE, reunións, incentivos, conferencias e exposicións, que fai que sexamos un lugar preferente para ser elixido como destino de congresos, de feiras, e de citas de altísimo valor engadido”, afirmou.
O rexedor destacou que o organismo tamén atrae a organización de numerosos eventos audiovisuais, cinematográficos e de publicidade. “Vigo ten un éxito turístico notable, como a primeira cidade de Galicia, e somos un gran estudio de rodaxe”. Lembrou que en 2025 a cidade foi escenario de 42 producións e tivo 320 días de rodaxe . Amais, Vigo acolleu 130 congresos profesionais apoiados pola Fundación Vigo Convention Bureau, destacou Caballero, “que significa un congreso cada tres días na cidade”.