Escoitar

As actividades do Entroido desenvolveranse no edificio do Concello

Debido ás condicións climatolóxicas, a programación do Entroido desenvolverase o luns e o martes na entrada da Casa Consistorial e no Auditorio Municipal. Aprazada a queima do Meco e o traslado das exequias funerarias ao sábado ás 19 horas. O concerto da orquestra París de Noia será na Porta do Sol o venres ás 21 horas.

luns, 16 feb 2026

Vigo segue a celebrar o Entroido a pesar da choiva. Por mor das condicións meteorolóxicas, os obradoiros infantís e o concerto de “Las Pamisukis” programados para hoxe, luns 16 de febreiro, desenvolveranse no edificio do Concello e o Auditorio Municipal. O mesmo ocorre o martes 17 de febreiro, cos obradoiros e o concurso de disfraces. Queda cancelado polo mal tempo o espectáculo de lume a cargo de “A Saco Circo”. A queima do Meco e as exequias funerarias serán o sábado ás 19 horas. O venres ás 21 horas actuará na Porta do Sol a orquestra París de Noia. 

Descargar todas as imaxes