Escoitar

Vigo terá un novo voo a Londres

O alcalde avanzou que está “moi preto” de pechar a recuperación do voo directo Vigo–Londres e remitirá unha carta aos presidentes da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para financialo entre as tres administracións. “En caso de que non queiran, pagarano todo o Concello de Vigo”, afirmou.

xoves, 19 feb 2026

“Vigo ten que ter un voo a Londres e estamos moi preto de pechalo”, afirmou.

Caballero informou de que enviará unha carta aos presidentes da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra solicitando que ambas administracións asuman un terzo do custo do voo, que se articularía —segundo explicou— mediante un contrato publicitario “legal e transparente”. O alcalde agarda unha resposta “positiva e rápida” para poder remitir toda a documentación necesaria e formalizar as condicións do acordo.

“Unha ruta aérea non é só para Vigo. Voa xente de toda Galicia e de toda a provincia. Vigo é Galicia e Vigo é Pontevedra”, sinalou, apelando á corresponsabilidade institucional.

Caballero deixou clara a posición do Concello: a conexión sairá adiante en calquera caso. “Con Xunta e Deputación, ou sen elas, Vigo terá un voo Vigo–Londres”, afirmou con rotundidade. Segundo indicou, se as administracións autonómica e provincial deciden sumarse, “formarán parte do proxecto”; de non facelo, o Concello asumirá integramente o custo.

Descargar todas as imaxes