venres, 2 out 2026
O luns 5 de outubro comezan a clases do curso 2026-2027 que se imparten en sete centros sociais e veciñais de Vigo: Teis, O Calvario, Sárdoma, Bembrive, Coia, O Calvario e Valladares. O Concello destina máis de 40.000 euros á iniciativa que cada ano forma a máis de 150 personas en coñecementos básicos como a lectura e a escritura.
mércores, 30 set 2026
O alcalde despediu este mércores a unha vintena de alumnos do IES Valadares que gozarán en Liverpool da súa estadía lingüística de tres semanas para aprender o idioma, no marco do programa municipal "Vigo en Inglés". Este ano o Goberno municipal enviará 1.020 estudantes vigueses a Reino Unido e Irlanda con este programa ao que dedica 3,3 millóns de euros ao ano.
martes, 29 set 2026
Abel Caballero deu conta esta mañá da reanudación dunha iniciativa didáctica que permite ao alumnado coñecer por dentro o funcionamento da administración local. Este ano, como novidade, incorpórase a posibilidade de facer o percorrido en inglés.
martes, 29 set 2026
O alcalde informou do envío dos listados de alumnado beneficiario das becas municipais de comedor, libros e material escolar aos centros educativos. Unhas bolsas que, xunto coa axuda do Concello a Foanpas, acadan os 2.824.000 euros anuais.
luns, 28 set 2026
Na sesión plenaria do mes de setembro quedou aprobada a moción socialista que reclama á Xunta que garanta todos os recursos humanos necesarios nos centros educativos públicos vigueses evitando que impartan o curso cunha dotación de persoal inferior ás súas necesidades reais. O BNG apoiou a moción e o PP votou en contra.
venres, 25 set 2026
O alcalde entregou esta mañá os diplomas do curso “Trámites administrativos” no que participaron 50 persoas. Esta formación está incluída nos programas municipais de mellora da alfabetización e as competencias dixitais.
mércores, 23 set 2026
Abel Caballero despediu este mércores pola mañá a un grupo de 19 alumnos do colexio Martín Códax beneficiarios do programa municipal de inmersión lingüística "Vigo en Inglés", que pasarán 3 semanas aprendendo o idioma en Norwich. Saían hoxe da cidade cara ao seu destino. Na tarde do martes, o rexedor achegouse a saudar aos 20 estudantes do Colexio El Pilar que gozarán da súa estadía en Peterborough grazas á bolsa do Concello. Este ano o Goberno municipal enviará 1.020 estudantes vigueses a aprender inglés a Reino Unido e Irlanda co programa ao que dedica 3,3 millóns de euros ao ano.
martes, 22 set 2026
O programa Vigo Educa incorpora este ano o traslado para visitar os museos municipais, O Castro e a Vila romana de Toralla. O goberno local inviste 90.000 euros ao ano neste transporte escolar.
luns, 21 set 2026
O próximo sábado 26 de setembro terá lugar na Praza do Berbés a terceira edición do Festival das Linguas e as Culturas, unha iniciativa promovida pola Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e a colaboración do Concello.
xoves, 10 set 2026
Abel Caballero despediu a 24 novos rapaces e rapazas que marchan cara a Reino Unido para realizar a súa estadía coa beca do Concello co obxectivo de mellorar o seu desenvolvemento en inglés. Alumnado do IES Alexandre Bóveda e o IES Álvaro Cunqueiro viaxan a Twickenham, ao Richmond Upon Times School, onde estudarán o idioma. Co programa municipal de inmersión lingüística gozarán dunha estadía de tres semanas para mellorar as súas competencias en inglés.