Escoitar

A Corporación reclama á Xunta un plan específico de mellora da educación na cidade

Na sesión plenaria do mes de setembro quedou aprobada a moción socialista que reclama á Xunta que garanta todos os recursos humanos necesarios nos centros educativos públicos vigueses evitando que impartan o curso cunha dotación de persoal inferior ás súas necesidades reais. O BNG apoiou a moción e o PP votou en contra.

luns, 28 set 2026
Olga Alonso no momento da súa intervención
Olga Alonso no momento da súa intervención

A edil de Educación, Olga Alonso, relatou as carencias que están sufrindo algúns centros escolares da cidade desde o inicio do curso: recortes e falta de persoal docente, vacantes sen cubrir, arranxos nas infraestruturas que non se acometen... situacións que empeoran as condicións de traballo do profesorado e a organización dos centros. Citou como exemplos o

“En Vigo non queremos que a falta de recursos se converta na normalidade dos colexios” explicou a concelleira poñendo sobre a mesa o “dereito do alumnado vigués a recibir unha educación con recursos suficientes”.

Co apoio do BNG e o voto en contra do PP, a Corporación aprobou a moción socialista que reclama á Xunta un plan específico de mellora dos centros, con presupostos asignados e calendario de actuacións inmediato. Así, ínstase á Consellería de Educación a cubrir con carácter inmediato todas as vacantes e substitucións pendentes nos centros públicos, especialmente aquelas que afecten á atención directa ao alumnado e pídese un esforzo específico dos recursos destinados á atención á diversidade, incluíndo Orientación Educativa, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe, coidadores e demais profesionais especializados.

Descargar todas as imaxes