O goberno local continúa impartindo formación para mellorar as competencias dixitais
O alcalde entregou esta mañá os diplomas do curso “Trámites administrativos” no que participaron 50 persoas. Esta formación está incluída nos programas municipais de mellora da alfabetización e as competencias dixitais.
Abel Caballero achegouse esta mañá ao hall do Auditorio Municipal para entregar os títulos ao alumnado do curso “Trámites administrativos” no que participaron 50 persoas. Trátase, dixo, de facilitar a inclusión no mundo dixital mellorando a dixitalización e competencias.
Nas aulas CEMIT seguen a impartirse outros cursos como iniciación á informática, configuración do correo electrónico, manexo de dispositivos móbiles, aulas TIC-Rede Araña, competencias dixitais, informática básica, procesador de textos ou elaboración do currículum con CANVA.