Escoitar

O Concello destina 1,2 millóns para que as entidades sen ánimo de lucro contraten 176 persoas

Abel Caballero reafirmou o compromiso municipal coa xeración de emprego avanzando a resolución das axudas para que as entidades sen ánimo de lucro poidan contratar persoal. Cun importe de 1,2 millóns, o número de contratos subvencionados elévase a 176.

xoves, 24 set 2026

A Xunta de Goberno aprobará mañá venres as subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro para o ano 2026. Cun orzamento de 1.214.296 euros, creáronse 176 postos de traballo atendendo ao 100% do importe solicitado. Segundo detallou Abel Caballero, as entidades veciñais e culturais recibirán 235.145 euros e 50 axudas que permitirán crear 27 novas contratacións e 23 apoios para o fomento da estabilidade.

Respecto das entidades sociais e asistenciais, outorgáronse 15 axudas cun montante de 574.446 euros que xerarán 41 novas contratacións e 38 para o fomento da estabilidade. No caso das entidades empresariais, o orzamento é de 161.895 euros distribuídos en 15 axudas, das que 8 son novas contratacións e 7 de fomento da estabilidade laboral.

As comunidades de montes recibirán 94.738 euros e 9 axudas, 1 para unha nova contratación e 8 para o fomento da estabilidade. Finalmente, as entidades deportivas distribuiranse 148.069 euros para 23 achegas das que 13 serán para novas contratacións e 10 para o fomento da estabilidade.

Descargar todas as imaxes