Samil volve reunir no Vigo Tennis Open ás grandes promesas do tenis junior mundial
A sexta edición do Vigo Tennis Open repite sede no Complexo Deportivo Municipal de Samil e se celebrará do 29 de setembro ao 4 de outubro.
O Complexo Deportivo Municipal de Samil volverá converterse no espazo do tenis junior internacional coa celebración da sexta edición do Vigo Tennis Open, un torneo integrado no ITF World Tennis Juniors, na categoría J200. O evento deportivo reunirá en Vigo algunhas das principais figuras do tenis mundial sub-18.
A competición celebrarase do 29 de setembro ao 4 de outubro, mentres que a rolda de clasificación dará comezo o 27 de setembro. As probas principais individuais arrancarán o día 29.
Nesta ocasión participarán 120 xogadores e xogadoras, ademais contarán co acompañamento de 80 técnicos e preparadores físicos, situando a Vigo como punto de encontro para o talento do tenis internacional, tanto na categoría masculina como na feminina.
Algúns nomes que representan o talento do torneo son Renata Jamrichová; Martín Landaluce; Gilles Arnaud Bailly; Rodrigo Pacheco e Mirra Andreeva.
Durante a presentación que tivo lugar hoxe en Samil, o alcalde lembrou que se trata dun “campionato excepcional e gratuíto” dirixido á toda a cidadanía de Vigo, non só para os afeccionados do deporte. O acto contou tamén coa asistencia de Fernando del Barrio, CEO do torneo; Manuel Álvarez, director deportivo e Pablo González, director das Escolas Deportivas Municipais, así como do concelleiro de Deportes, Manel Fernández.