Escoitar

O alcalde valora o traballo de Miguel Méndez e Cristina Cantero no Mundial de baloncesto feminino

Abel Caballero recibiu este xoves ao seleccionador nacional de baloncesto feminino, o vigués Miguel Méndez, e a Cristina Cantero, membro do corpo técnico da selección e adestradora do Celta Baloncesto Feminino, que acaban de gañar a medalla de bronce no Mundial de Baloncesto celebrado en Berlín. O rexedor puxo en valor o traballo realizado por Méndez e Cantero, o esforzo e o exemplo da súa dedicación a este deporte e trasladoulles a felicitación de toda a cidade polo gran éxito acadado.

xoves, 24 set 2026
Descargar todas as imaxes