O Concello adxudica a exposición “Jules Verne 200” no Auditorio Mar de Vigo
O escritor Julio Verne volverá estar presente en Vigo coa mostra inmersiva organizada en conmemoración do segundo centenario do seu nacemento e que en 2027 será referente de todo o noroeste peninsular. Así o destacou este xoves o alcalde ao indicar que o Concello destinará máis de dous millóns ao montaxe da iniciativa cultural.
Abel Caballero explicou que o Concello, alén de renovar a planta baixa do Auditorio Mar de Vigo cun investimento de 1.870.000 euros, destinará máis de dous millóns á mostra que en 2027 facilitará á cidadanía de Vigo navegar polo universo creativo do escritor francés.
A exposición despregará espazos centrados na obra "20.000 leguas de viaxe submarina”; a batalla de Rande; o capitán Nemo na ría de Vigo; un tesouro perdido; realidade e mito do tesouro afundido, Jules Verne en Vigo, o legado continúa e as distintas edicións de 20.000 leguas de viaxe submarina.
O alcalde apuntou que a exposición contará, entre outros, cun espazo inmersivo, así como a sala metaverso e a dedicada a Julio Verne e Vigo. Remarcou o forte vínculo do escritor coa cidade.
“Os visitantes vivirán a inmersión no capítulo da presenza en Vigo de Julio Verne”, anticipou Caballero ao destacar a “elevadísima calidade técnica” de toda a montaxe que o converte nunha cita cultural “única” en todo o oeste español.
Finalizados os seis meses da presenza en Vigo, a mostra trasladarase a París con motivo da celebración do segundo centenario do seu nacemento.