Escoitar

O alcalde louva ante ao alumnado sénior da UNED o "proceso de unidade" cidadá de Vigo

Abel Caballero saudou este martes aos alumnos senior da Universidade Nacional a Distancia, UNED, que asisten aos cursos de seguridade informática e baile. Ante eles, destacou que a política municipal contempla iniciativas destinadas tanto á mocidade como ás persoas maiores, xerando un “proceso de unidade en Vigo que é admirado” .

martes, 3 mar 2026

O alcalde incidiu ante o alumando e o profesorado da UNED que "unha cidade honrada e digna ten que coidar da xente maior e da mocidade". Así, puxo en valor os programas municipais que desenvolve o Concello ao longo de todo o ano. Estas actividades van dirixidas a escolares, á conciliación familiar, á formación en idiomas e para a formación continua e a socialización dos maiores.

Caballero apuntou a importancia de contar cunha sede da UNED en Vigo tras a “ardua” tarefa realizada para conseguir a súa instalación na cidade e evitar traslados do alumnado. “A UNED é un éxito con 13 titulacións de todos os niveis e cun importante número de matrículas”, remarcou.

Descargar todas as imaxes