martes, 3 marzo 2026

O Consello Municipal da Muller concede o "Premio Ernestina Otero" á avogada Ana María García Costas

martes, 3 mar 2026

A avogada Ana María García Costas recollerá o vindeiro venres 20 de marzo o “XIV Premio de Igualdade Ernestina Otero”, acordado por unanimidade polo Consello Municipal da Muller, en recoñecemento ao seu traballo como asesora xurídica no ámbito da violencia de xénero na ONG “Faraxa. Pola abolición da prostitución” e na asociación “Alecrín” de defensa dos dereitos das mulleres.