Escoitar

O Goberno local construirá novas instalacións para o CEIP Canicouva nas antigas casas de mestres

O alcalde anunciou que se priorizan as necesidades da comunidade educativa e que se construirán novas dependencias en lugar das 6 vivendas previstas.

martes, 3 mar 2026
Visita de arquivo ao centro educativo.
Visita de arquivo ao centro educativo.

Abel Caballero explicou que, tras a revisión técnica realizada polos servizos municipais e o diálogo co centro, o Concello decidiu modificar a planificación e a parcela anexa, onde está o edificio das antigas casas dos mestres, será un novo espazo para instalacións que precisa a comunidade educativa. “A prioridade é o CEIP Canicouva”, subliñou Caballero.

O alcalde confirmou que o Concello renuncia á construción das vivendas previstas —que cualificou como “poucas, pero un apoio”— para dar resposta ás necesidades do colexio. Está previsto que se proceda ao derrubamento das edificacións existentes e que se poida iniciar de inmediato o expediente para construír o novo espazo anexo ao centro educativo.

Descargar todas as imaxes