Escoitar

Vigo incrementa a súa ocupación hoteleira do mes de febreiro respecto ao 2025

Abel Caballero explicou que a cifra foi superior ao 45%, cunha “estancia media de case dous días”. Tamén destacou a chegada “importantísima” de viaxeiros de Portugal.

luns, 2 mar 2026

A cidade rexistrou un 45,29% de ocupación hoteleira ao longo do mes de febreiro, o que supón un incremento de 2,49 puntos respecto ao 2025 e 3,33 máis que en 2024. Caballero explicou que é “un moi bo comportamento do turismo no mes de febreiro en Vigo”.

A estancia media foi de 1,95 días. En canto á orixe, dividise entre os chegados de Galicia nun 20,45% e os do resto do Estado, cun 44,05%. O restante 35,51% son visitantes internacionais, entre os que destaca a “importantísima” chegada de viaxeiros de Portugal cun 29,86%, seguido polo Reino Unido (3,71%), Italia (3,35%) e Alemaña (2,11%).

 

Descargar todas as imaxes