O Goberno municipal adxudica a xestión da Escola Infantil Municipal de Bembrive ata 2030
A Xunta de Goberno do Concello aprobou o expediente de contratación da xestión da Escola Infantil Municipal de Bembrive ata 2030 por 2.772.000 euros, que conleva un importe anual de 516.990 euros.
O alcalde lembrou hoxe que a Escola Municipal Infantil de Bembrive conta cunha oferta de 82 prazas: 16 de 0 a 1 ano, outras 26 de 1 a 2 anos e 40 de nenas e nenos de 2 a 3 anos.
Caballero incidiu na gratuidade total de todos os servizos da escola municipal de Bembrive. “Nós damos gratuidade total nesta e en todas as Escolas Infantís Municipais, incluído o servizo de comedor ou as atencións que non son estritamente docentes"
O Concello de Vigo financia ao cento por cento 9 escolas infantís, cun custo anual de 2.720.000 euros e financia o 50 por cento as das rúas Hernán Cortés e Palencia.