Escoitar

Eiras rexistra a peor reserva de auga da súa historia nesta época do ano

Abel Caballero informou de que os niveis de reserva de auga están por debaixo dos rexistrados en 2011 e 2017, anos nos que a cidade atravesou importantes episodios de seca.

martes, 11 ago 2026

O alcalde explicou que a nova estación potabilizadora permite afrontar este escenario con maior marxe, xa que posibilita aproveitar a auga almacenada en cotas máis baixas do encoro. Segundo os cálculos expostos polo alcalde, sen esta infraestrutura Vigo tería reservas para aproximadamente tres meses e medio, mentres que actualmente a autonomía se sitúa entre os catro meses e medio e os cinco meses. O rexedor cifrou en preto de 25 millóns de euros o investimento realizado na potabilizadora e sinalou que foi financiada polo Concello, permitindo ampliar arredor dun mes e medio a garantía de abastecemento.

O alcalde defendeu a decisión municipal de advertir anticipadamente á poboación e rexeitou as acusacións de alarmismo realizadas pola Xunta de Galicia. Caballero contrapuxo estas críticas coas recomendacións de limitar o consumo realizadas pola propia administración autonómica en Cangas e Moaña, municipios que tamén reciben boa parte da súa auga do sistema de Eiras. “Estamos pedindo consumo responsable porque existe un risco e temos a obriga de actuar con previsión”, afirmou.

Ademais da situación das reservas, Caballero alertou dun problema coa capacidade de subministración das válvulas da presa instaladas tras as reparacións realizadas pola Xunta. Segundo explicou, nos momentos de máxima demanda Vigo pode alcanzar un consumo de 1.250 litros por segundo, especialmente durante agosto, mentres que o sistema actual de válvulas só garantiría 1.100 litros por segundo.

O rexedor reclamou á Xunta que solucione esta situación para asegurar o caudal que a cidade pode precisar. “Vigo pode necesitar 1.250 litros por segundo e teñen que garantilos”, afirmou, lembrando que a concesión de abastecemento de la ciudad alcanza os 3.000 litros por segundo. Caballero confía en que a evolución do consumo e as condicións meteorolóxicas permitan superar agosto e setembro sen dificultades, pero insistiu en que a administración autonómica debe reparar o sistema para evitar calquera risco de restricións no abastecemento.

Humanización Doutor Carracido

O alcalde lamentou o atraso da Deputación de Pontevedra para asinar o convenio para a humanización de Doutor Carracido. “Unha actuación de máis de 3 millóns de euros que temos aprobada desde outubro e que están pendente de que a institución provincial formalice o acordo. É un convenio que se pode facer en dúas semanas e levamos dez meses esperando”, manifestou o alcalde.

Con todo, Caballero afirmou que o Concello está preparado para arrancar “moi en breve” esta humanización, aínda que incidiu de que no pode comenzar sen o visto e prace da Deputación.

Descargar todas as imaxes