O Concello instalará dúas tirolesas de 32 metros na ampliación do parque de xogos infantil da Praza da Miñoca
O alcalde anunciou este martes a adxudicación das obras que conlevan un investimento municipal de 48.319 euros. A adaptación do espazo para acoller os novos xogos contará cun prazo de dous meses e medio.
A ampliación do parque infantil da Miñoca acollerá os xogos destinados a nenos de máis de 10 anos completando a oferta actual dirixida aos menores desa idade. A pendente da zona será aproveitada para instalar as dúas tirolesas.
Abel Caballero lembrou que en xullo o Concello colocou a primeira pedra do macroparque de Finca Matías, que contará cun investimento de 2,8 millóns de euros, e que xa comezaron as obras na Praza de Fernando Elorrieta Rey por 762.000 euros.
O rexedor lembrou o investimento de 1,5 millóns programados para mellorar os xogos, firmes e valados de 65 parques infantís da cidade. Entre estas atópanse 72 novas randeeiras dobres, multixogos e figuras 3D de caucho nos espazos de xogos da Alameda de Candeán; Alameda Santo André; Fragoselo; O Vao; Alameda Canario; Alameda Merlo; Rivera Atienza; Santa Clara; Sampaio; Samil Ría de Vigo; San Miguel de Oia; Sárdoma; Centro Cívico de Teis; Coutadas; Grupo Santo Pablo; Riouxa; Elisardo Dacosta Torres; Eugenio Arbones; Eugenio Krapf; Florida; Bouzas; Faisán; San Roque; Arenal 1 e Areal 4; Comercio; Hispanidade; Párroco José Otero; Polideportivo Berbés; Seara; Bouza 1 e 2; Campo Roxo; Mestre Prudencio Rodríguez Dios; Mondariz e Volcáns 1 e 2.
As melloras contemplan tamén instalar 27 novos valados nos parques de Teixugueiras 8; Beade Couceiro; Alameda Bembrive; Alameda Xestoso; Meceiriña; Gorxal; Grileira; Mercado Cabral; Figueiras Caeiro; Castrelos; Alameda Merlo; Alameda Meixoeiro; Santa Clara; Alameda Andrés Gaos; Coutadas; Grupo Santo Pablo; Forestal Cepudo; Pablo Iglesias; Bouzas; Areal 1,2,3 e 4; Porto Rico; Praza Elíptica; Volcáns 1 e Zamáns Canteira.
O Concello tamén instalará 8 novos pavimentos de caucho nos parques de Teixugueiras 18 e 22; Bouzas; Ribeira do Berbés, Praza do Rey; Praza Elíptica; Praza de Portugal e dá rúa Venezuela.
O alcalde destaca que Vigo conta con 16 marcoparques infantís; 72 parques biosaudables: 4 skateparks e 7 de calistenia.