Escoitar

O Concello avanza este verán nas obras de reparación dos colexios de primaria

O novo curso escolar comezará o próximo 9 de setembro nun importante número de centros públicos de Vigo coas melloras realizadas polo Concello. O alcalde avanzou este luns que o investimento municipal nas actuacións máis salientables superan os 250.000 euros. “No inicio de curso xa teñen que estar todos os colexios preparados”, afirmou Abel Caballero.

luns, 10 ago 2026

O rexedor indicou que entre as actuacións salientables deste verán atópanse as dos colexios de Frián-Teis, Cabral, Otero Pedraio, Calvario, Seis do Nadal, Emilia Pardo Bazán, Valadares-Sobreira, Valle-Inclán, Balaídos e Javier Sensat.

Entre as obras realizadas atópanse as melloras en instalacións deportivas, nos espazos de recreo, circuítos de seguridade viaria, pistas deportivas, vestiarios de ximnasia e aseos e nas áreas do profesorado e do alumnado. “Unha acción notable para facer que os colexios de primaria estean nas condicións que teñen que estar”, apuntou Caballero.

Descargar todas as imaxes