Escoitar

O Concello contratará un informe para estudar se hai zonas de Vigo con alugueiro tensionado

Un estudo permitirá ao Concello de Vigo determinar se na cidade hai zonas con alugueiros moi caros, tal e como anunciou esta mañá o rexedor. As conclusións dese informe permitirán ao goberno local iniciar o procedemento para obrigar á Xunta de Galicia a buscar solucións dado que é a administración competente.

martes, 7 mai 2024

O alcalde deu conta esta mañá da licitación da contratación dun estudo para saber si hai vivenda tensionada en Vigo. “Vigo, con este informe xa encargado, velará para que que haxa prezos accesibles para a mocidade e para persoas vulnerables”. O rexedor lembrou que desde o ano 2009, a Xunta non construíu ningunha vivenda de alugueiro a prezo taxado. Na súa opinión, a Xunta non se fai cargo da situación polo que reclamou para o Concello as competencias en materia de vivenda acompañadas dos fondos que a Xunta recibe do Goberno de España neste concepto.

O goberno local xa está actuando contratando un estudo que determinará se en Vigo hai zonas nas que os prezos dos alugueiros son inasumibles. A empresa que resulte adxudicataria será a que acompañe ao Concello no procedemento establecido para obrigar á Xunta a asumir a solución do problema.

Caballero criticou ao PP local por asegurar que Vigo é a cidade na que máis sube o alugueiro de pisos en España. Esta afirmación, dixo, ademais de ser mentira contradí o que di a Xunta que recentemente asegurou descoñecer se Vigo ten ou non un mercado de alugueiro tensionado.

 

Descargar todas as imaxes