Escoitar

O Concello dedica 1,4 millóns ao fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro

As entidades sen ánimo de lucro da cidade poderán solicitar a partir de mañá a durante dez días axudas á contratación. O goberno local destina 1,4 millóns a asociacións que traballan no movemento social, veciñal, sindical, deportivo, empresarial ou das comunidades de montes.

luns, 10 xuñ 2024
Imaxe de arquivo dunha reunión con entidades sen ánimo de lucro
Imaxe de arquivo dunha reunión con entidades sen ánimo de lucro

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións do fomento do emprego para as actividades que realizan as entidades sen ánimo de lucro. O total das axudas é de 1,4 millóns a repartir en seis programas: asociacións veciñais e culturais, 245.000 euros; entidades sociais e asistenciais, 440.000 euros; sindicatos, 111.000 euros; entidades empresariais, 200.000 euros; comunidades de montes, 145.000 euros; e, finalmente, entidades deportivas, 349.000 euros. O límite de solicitude por organización é de 35.000 euros e o prazo estenderase durante dez días a partir de mañá martes, 11 de xuño.

Segundo explicou o rexedor, son achegas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a fomentar o emprego e dar estabilidade ao persoal contratado. Deste xeito, o goberno local coopera a reducir o desemprego na cidade a través da colaboración coas ONG,s.

 

Descargar todas as imaxes