Escoitar

Os éxitos de Serrat volverán soar en Vigo co concerto homenaxe organizado no Auditorio Municipal o 28 de xuño

O Auditorio Municipal será escenario o próximo 28 de xuño, a partir das 21.00 horas, do concerto “En Tránsito. Tributo a Joan Manuel Serrat”. Os irmáns Alberto e Andrés Cunha, o pianista Alberto Alonso, e o contrabajista Baldo Martínez, intepretarán os éxitos do músico que no verán de 2023 protagonizou no Auditorio de Castrelos, un dos seus últimos concertos antes da súa retirada dos escenarios. “Será un gran concerto, que estará cheo de público que o pasará moi ben”, anticipou hoxe Abel Caballero durante a presentación do espectáculo.

luns, 10 xuñ 2024

As principais cancións que marcaron os 57 anos da traxectoria artística de Joan Manuel Serrat volverán ser interpretadas nun escenario de Vigo o próximo 28 de xuño co concerto “En tránsito. Tributo a Joan Manuel Serrat”. Así o explicou este luns o alcalde ao lembrar as máis de 40.000 persoas que gozaron o verán pasado do “colosal” concerto do intérprete catalán, e indicar que recentemente Serrat, con quen coincidiu en Madrid, transmitiulle que “se acordaba moito, e con emoción” do concerto no Auditorio de Castrelos.

Alberto Cuhna animou a “gozar” do concerto homenaxe a Serrat que ofrecerá un “repaso amplo” dos grandes temas de Serrat, con arreglos de jazz. Remarcou a interpretación ao piano de cola de Alberto Alonso e do contrabaxista Baldo Martínez.

Descargar todas as imaxes