Escoitar

O Halo supera os 560.000 usos dende a súa apertura

Abel Caballero apuntou que “o Halo iniciou a súa actividade o 16 de febreiro” e dende entón conta “cunha media de entre 5.000 e 6.000 utilizacións diarias” dos ascensores. O rexedor avanzou que “cada vez teremos máis ramplas e ascensores” como sistema de mobilidade “que combate o cambio climático”.

venres, 7 xuñ 2024

“Non hai nada igual en mobilidade ás ramplas de Gran Vía e o Halo”, reivindicou o rexedor vigués, tras sinalar que “dende a súa inauguración o pasado 16 de febreiro, o Halo alcanzou as 560.025 utilizacións”.

O ascensor Halo “é a crónica dun éxito anunciado”, contando cunha media mensual de 150.000 usos ao mes. Os datos mostran unha media diaria de 5.000 a 6.000 usos, converténdose nun imprescindible para facilitar a mobilidade á zona alta da cidade desde Rosalía de Castro, Areal e García Barbón.

O rexedor vigués detallou a “afluencia extraordinaria” dende o 16 de febreiro, día de apertura, establece que: nos 14 días de febreiro restantes foi de 80.917 usos; no mes de marzo alcanzou os 160.606 usos; 151.837 en abril; o pasado mes de maio chegou a 149.927 utilizacións, e os primeiros 4 días de xuño foron 16.738. O rexedor avanzou que “cada vez teremos máis ramplas e ascensores” como sistema de mobilidade “que combate o cambio climático”.

Descargar todas as imaxes