martes, 4 xuño 2024

A exposición permanente de Fernández del Riego, renovada para lembrar a figura do intelectual galeguista

A presenza “perenne” en Vigo da figura e a obra do intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego vese reforzada coa reapertura, este martes, do museo instalado na primeira planta da Casa da Cultura Galega. Así o remarcou o alcalde ao destacar que Don Francisco foi “un personaxe excepcional, cunha visión cultural inesgotable”, o que leva ao Concello a reafirmar o seu compromiso en seguir destacando a súa personalidade e contribución á cultura galega.

A Xerencia de Urbanismo aproba definitivamente o Plan Especial Montana, en Alcabre

martes, 4 xuñ 2024

Abel Caballero anunciou hoxe a aprobación definitiva pola Xerencia Municipal de Urbanismo do Plan Especial de Reforma Interior Montana, en Alcabre. O alcalde indicou que a ordenación aprobada integra “moi ben” un gran espazo de zonas verdes coas 43 vivendas unifamiliares proxectadas, que serán distribuídas en pequenos grupos de 3 a 4 adosados, axustándose á paisaxe urbana dos núcleos residenciais que existen nas proximidades.

A cidade rexistra a mellor ocupación hoteleira nun mes de maio

martes, 4 xuñ 2024

O rexedor desvelou esta mañá que a ocupación hoteleira en Vigo correspondente ao mes de maio foi do 67%. Os turistas internacionais procedentes de Estados Unidos supoñen o 10,5% dos estranxeiros, ocupando a segunda posición logo de Portugal. A estancia media superou os dous días.

Vigo, capital da Biotecnoloxía

martes, 4 xuñ 2024

A capital viguesa acolle os próximos días 12 e 13 de xuño ‘Galicia Biodays’, o foro de referencia da industria biotech do Espazo Atlántico Europeo organizado por Bioga. O encontro internacional recibirá a máis de 1.000 asistentes e xa ten programados 600 encontros para que os protagonistas do sector das ciencias da vida xeren negocios e desenvolvan novos proxectos

Abel Caballero felicita ao adestrador vigués Jonatan Giráldez tras conquistar a súa terceira Champions

martes, 4 xuñ 2024

Jonatan Giráldez vén de pechar na sección feminina do Fútbol Club Barcelona unha época dourada, acumulando 15 títulos dende que tomou as rendas do banquillo culé en 2019, na que destacan as 5 ligas e 3 Champions League. O rexedor transmitiulle o seu orgullo, sinalando que "é o mellor adestrador feminino da historia", ao lograr "un éxito case inalcanzable" con tan só 32 anos. O técnico, acompañado da súa parella e do seu fillo Cíes, amosoulle a Caballero a súa medalla como campión da Champions, obtida o mes pasado, así como agradeceu o recoñecemento que a cidade lle outorgou na Gran Gala do Deporte de Vigo. Finalmente, Caballero tamén lle quixo desexar "toda a sorte do mundo" no próximo destino do técnico na liga estadounidense, onde tomará as rendas do Washington Spirit da NWSL.

Caballero entrega os diplomas aos participantes no programa "En Forma" da Federación de Peñas El Olivo

martes, 4 xuñ 2024

O alcalde e a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, entregaron hoxe os diplomas ás 60 persoas, de entre 70 e 91 anos, que participaron no programa "En Forma”, organizado pola Federación Viguesa de Peñas Recreativas El Olivo. Caballero tamén lles proporcionou un recordatorio da presenza nas actividades dirixidas a evitar o sedentarismo e levar unha vida cardiosaudable.