Escoitar

O goberno municipal financiará a mellora da accesibilidade en edificios colectivos residenciais

O Boletín Oficial da Provincia publica as bases das axudas para a instalación de ascensores ou outros elementos mecánicos en edificios residenciais. As comunidades o grupos de propietarios poderán recibir achegas de ata 3.000 euros para eliminar barreiras arquitectónicas. O prazo para solicitar as axudas é de 3 meses.

martes, 4 xuñ 2024

O Boletín Oficial da Provincia publicou este luns as bases da convocatoria para a instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais colectivos. O goberno local deu luz verde as axudas que se adxudicarán en réxime de concorrencia competitiva. Cun orzamento de 100.000 euros para dous anos, o importe máximo a subvencionar por edificio residencial colectivo é de 3.000 euros para actuacións realizadas entre o pasado 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2025.

Son as comunidades de propietarios ou os grupos de propietarios os que deben presentar as solicitudes para as seguintes actuacións: ascensores, ramplas, plataformas elevadoras, varandas ou obras que teñan por finalidade salvar os desniveis entre beirarrúas e o portal ou entre o portal e o ascensor.

“A arquitectura de Vigo xerou moitas barreiras na accesibilidade. É frecuente ver vivendas que xeran un illamento e é bo establecer mecanismos de acceso”, dixo Abel Caballero.

Desde o ano 2016, o Concello financiou 88 actuacións por importe de 202.000 euros.

Descargar todas as imaxes