xoves, 6 xuño 2024

O Concello aprobou 2.108 axudas de emerxencia desde xaneiro

xoves, 6 xuñ 2024

A comisión de axudas de emerxencia do Concello de Vigo aprobou na reunión desta semana un total de 90 novas axudas, por un importe de 20.000 euros. Así o explicou hoxe o alcalde ao avanzar que desde xaneiro foron concedidos 2.108 apoios, e insistir en reclamar a compatibilidade da percepción do Ingreso Mínimo Vital coa Renda de Inclusión Social da Xunta de Galicia.

O alcalde eloxia o traballo da Garda Civil en Vigo

xoves, 6 xuñ 2024

Abel Caballero participou este xoves na sede de Zona Franca na I Reunión de Veteranos da Garda Civil e puxo en valor o “inmenso capital humano; a experiencia” destes axentes retirados. O rexedor ofreceu “toda a nosa cooperación” no que precise o Corpo na cidade e valorou o traballo que desempeñan que “merece cariño, respecto e aprecio”. Así, demandou “unha maior dotación de gardas civís porque somos a cidade máis importante de Galicia, cidade fronteiriza con aeroporto e ámbito rural”.

Caballero mostra a Vigo como cidade saudable coa promoción da práctica do deporte en todas as idades

xoves, 6 xuñ 2024

Abel Caballero puxo en valor este xoves os programas que desenvolve o Concello para fomentar e mobilizar a práctica do deporte en todas as idades coa finalidade de xerar hábitos saudables entre a cidadanía. Así se expresou no acto de presentación da iniciativa “A Máquina do Tempo”, que co lema “Adiántate ao futuro e gaña anos de vida”, organiza a Fundación Mapfre coa Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria de promoción da saúde. O alcalde afirmou, que “a vida saudable, a saúde e a nova revolución cultural éo todo na cidade” e por iso “en Vigo tentámolo de moitas formas”. A unidade móbil na que os interesados poden comprobar a súa idade biolóxica, e o estado de saúde, permanece en Urzáiz, na praza do Farola ata o sábado 8 de xuño.

O Minibásket “Cidade de Vigo” reúne en Navia a preto de 600 xogadores

xoves, 6 xuñ 2024

O alcalde mantivo un encontro este xoves coa organización do torneo que se desenvolverá este sábado, 8 de xuño, no pavillón municipal de Navia e que servirá como festa de fin de curso do baloncesto. Participarán corenta equipos de Vigo e da comarca con xogadores das categorías benxamín e alevín, de entre 6 e 12 anos. Case 600 xogadores en pista, en horario de mañá e tarde (10-14h e 16-20h) acompañados das súas familias para pechar esta temporada con deporte, música e sorpresas.