Escoitar

O goberno local contrata a pavimentación de Doutor Carracido por case 350.000 euros

O Concello local iniciará en breve a pavimentación da rúa Doutor Carracido, unha actuación que se prolongará tres meses e que suporá un investimento de case 350.000 euros. A Xunta de Goberno aprobará mañá a contratación das obras.

xoves, 6 xuñ 2024
Foto de arquivo dunha visita a unha obra
Foto de arquivo dunha visita a unha obra

A Xunta de Goberno aprobará mañá venres as obras de pavimentación de Doutor Carracido, unha actuación moi demandada pola cidadanía, segundo indicou o alcalde. Cun orzamento de case 350.000 euros, a intervención desenvolverase ao longo de toda a rúa, desde Martínez Garrido ata a rúa San Roque, nun prazo de tres meses.

Está previsto o fresado e demolición do pavimento actual, a reposición do firme da calzada, a adecuación do sistema de drenaxe, así como a reposición da sinalización horizontal e os elementos de balizamento.

 

 

 

Descargar todas as imaxes