Escoitar

O Concello aprobou 2.108 axudas de emerxencia desde xaneiro

A comisión de axudas de emerxencia do Concello de Vigo aprobou na reunión desta semana un total de 90 novas axudas, por un importe de 20.000 euros. Así o explicou hoxe o alcalde ao avanzar que desde xaneiro foron concedidos 2.108 apoios, e insistir en reclamar a compatibilidade da percepción do Ingreso Mínimo Vital coa Renda de Inclusión Social da Xunta de Galicia.

xoves, 6 xuñ 2024

Abel Caballero explicou hoxe que das 90 axudas de emerxencia aprobadas polo Concello esta semana, 24 foron destinadas para o pago de alugueiros, evitando o deshaucio dun importante número de persoas. Incidiu en que entre os apoios importantes, un total de 25, tamén se atopan os destinados a alimentación. A estes hai que sumar outras 21 axudas para afrontar o abono do recibo da auga.

O rexedor indicou que desde xaneiro a administración local de Vigo aprobou 2.108 axudas, que representan “2.108 necesidades atendidas desde as axudas de emerxencia”. Recalcou que a axuda municipal é compatible co ingreso mínimo vital. “Desde aquí sigo dicindo que a Renda de Inclusión Social de Galicia ten que seguir sendo compatible co Ingreso Mínimo Vital, e non pode ser que a Xunta de Galicia faga caixa a cargo das persoas que o necesitan negando a compatibildade do Ingreso Mínimo Vital e da Risga que se fai noutras comunidades autónomas”.

Descargar todas as imaxes