Vigo acolle a I Festa do Viño Galego do 5 ao 7 de xullo
O evento reunirá viños das cinco denominacións de orixe de Galicia con catas especializadas, actuacións musicais e zona gastronómica para degustar produtos galegos. A I Festa do Viño Galego de Vigo celébrase na azotea do Centro Comercial A Laxe entre o 5 e o 7 de xullo, entre as 12 da mañá e as 12 da noite. Na presentación participaron hoxe David Regades, delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, e Andrés Malga de Vigoplan, organizadores do evento.
Descargar todas as imaxes