luns, 3 xuño 2024

O Concello colabora no "Congreso Empresarial Acción e Implicación" da Asociación de Empresarias de Galicia

luns, 3 xuñ 2024

Abel Caballero abordou hoxe coa presidenta e a vicepresidenta da Asociación Empresarias Galicia, Susana Pérez Iglesias e Teresa Martínez, o programa de actividades que as emprendedoras desenvolverán este ano en Vigo, entre as que destaca a oitava edición do "Congreso Empresarial Acción e Implicación", programado para o 22 de outubro, e no que colabora o Concello. As directivas incidiron no peso das asociadas da área de Vigo, xa que o 80 por cento das 163 compoñentes da organización desenvolven os seus proxectos nesta zona do sur de Galicia.

O alumnado do Colexio Alborada explica ao alcalde o seu proxecto de aproveitamento da auga da chuvia

luns, 3 xuñ 2024

O alcalde, acompañado pola concelleira de Educación, Olga Alonso, visitaron hoxe o laboratorio do Colexio Alborada para coñecer o proxecto desenvolvido polos os alumnos para o aproveitamento das augas pluviais que discorren polas rúas en pendente da cidade para xerar enerxía, así como para o seu almacenamento e posterior uso na rega urbana. Despois de recibir as explicacións dos estudantes, o rexedor saudou aos 300 escolares do centro.

Caballero entrega a estudantes dos colexios Igrexa Candeán e Carmelitas os premios "Medrar dignamente"

luns, 3 xuñ 2024

Abel Caballero entregou este luns aos alumnos de sexto de primaria e cuarto da ESO dos colexios Igrexa Candeán e María Inmaculada, Carmelitas, os galardóns do I premio “ Medrar dignamente”, organizados pola Fundación Salma para o coidado da Saúde Mental en Galicia. O alcalde apuntou a transcendencia da iniciativa desenvolvida pola organización sen ánimo de lucro que está dirixida aos estudantes dos colexios e institutos de Galicia para concienciar e divulgar a importancia do coidado da saúde mental, á vez que os felicitou polo premio que deixa patente a sensibilidade da mocidade.