Escoitar

Caballero ratifica o apoio de Zona Franca ás empresas con novas iniciativas na clausura de "Vía Téxtil II"

“Apoiamos a economía e as empresas. Veremos que máis cousas facemos, como as facemos, como continuamos, e en que sectores Zona Franca seguirá traballando nesta liña de apoio”. É a mensaxe que dirixiu este venres o presidente do Consorcio, Abel Caballero, aos emprendedores que participaron na segunda edición de “Vía Téxtil” .

venres, 31 mai 2024

Seguir apoiando á economía e á empresa, en paralelo á apertura de novas iniciativas empresariais e de recuperación de emprendementos, forma parte da folla de ruta trasladada hoxe polo presidente e o delegado de Zona Franca aos 20 empresarios que formaron parte da segunda edición de “Vía Téxtil”, e que participaron no acto de clausura do programa.

O delegado de Zona Franca destacou a transcendencia de que as 20 ideas que se desenvolveron durante dous anos ao amparo de “Vía Téxtil” convertéronse noutras tantas “empresas con moito futuro”. Incidiu en que a vocación do Consorcio en Vigo de “seguir transformando ideas en empresas capaces de xerar riqueza, emprego e valor engadido” viuse cumprida, á vez que ratificou a oferta aos emprendedores de seguir contando con Zona Franca no futuro coa Sociedade de Capital Risco para as necesidades financeiras e cos polígonos industriais para os proxectos de produción.

Dora Casal, CEO de Roberto Verino, impulsor de “Vía Téxtil”, puxo en valor a importancia de que unha institución se involucre coas empresas, e de forma especial coas que se están creando, pola achega á súa estruturación e crecemento. “A aceleradora cumpriu o obxectivo. Estou orgullosa do traballo”, afirmou.

Descargar todas as imaxes