xoves, 30 maio 2024

Vigo pon en marcha un programa de axudas para potenciar e facilitar o alugamento de vivendas baleiras

Abel Caballero destacou que en Vigo “existen 12.897 inmobles vacíos, xa que o seu consumo de auga nos últimos seis meses é inferior a 1m3” e dos que “case o 90% son propiedade de persoas físicas”. O obxectivo é fomentar o alugueiro de vivendas a prezo taxado coa aprobación dunha batería de axudas para promover a incorporación dos pisos vacíos ao mercado.

Os mercados de Vigo súmanse á campaña internacional “Ama o teu mercado”

xoves, 30 mai 2024

A rúa peonil do Calvario acolleu esta mañá a presentación da campaña que durante os próximos quince días promoverá o consumo nos mercados locais. O alcalde valorou a “inmellorable relación calidade-prezo dos mercados vigueses, a atención do persoal e a proximidade aos compradores” como a clave do seu éxito e felicitou aos vendedores e responsables dos mercados municipais (Teis, O Progreso, As Travesas, O Berbés, Bouzas, Cabral e O Calvario). No acto participaron os concelleiros da área de Comercio, Ángel Rivas e Ana Laura Iglesias, así como os xerentes do mercado do Calvario, Miguel Misa, e das Travesas, Delmiro Hermida.

Caballero recibe ao embaixador de Omán

xoves, 30 mai 2024

O alcalde e o embaixador de Omán en España, Omar Al-Kathiri, mantiveron una xuntanza na Alcaldía. O rexedor achegoulle unha parte da historia de Vigo, con aspectos relevantes como a evolución do Casco Vello, a Panificadora e as Illas Cíes. Ambos os mandatarios mantiveron unha xuntanza cordial na que abordaron temas de interese social e económico tanto para Omán como para a sociedade viguesa, explorando a posibilidade de poder seguir colaborando mutuamente para dar resposta aos retos e desafíos do futuro.