Escoitar

A Noite Branca nos museos municipais ábrese ás propostas dos axentes culturais

O Concello poñerá en marcha unha convocatoria pública para que os axentes culturais e das artes escénicas presenten as súas propostas para a xornada do 26 de xullo, na que os museos amplían horario desde as 20 horas e ata as 2 da mañá.

mércores, 29 mai 2024
Imaxe de arquivo do Museo Quiñones de León
Imaxe de arquivo do Museo Quiñones de León

O alcalde avanzou esta novidade da celebración da Noite Branca deste ano 2024 que se desenvolverá o vindeiro 26 de xullo e que supón a ampliación do horario de apertura dos museos municipais entre as 20 horas do serán e as 2 da madrugada. Nese tempo ampliado, como vén sendo habitual, os museos acollen actividades complementarias: visitas guiadas, concertos, talleres, arqueoloxía experimental, danza, teatro, contacontos…

O cambio na celebración da Noite Branca é a apertura proximamente dunha convocatoria pública para que os axentes culturais e das artes escénicas presenten as súas propostas para executar ese día. Tal e como explicou Caballero, a convocatoria está dirixida a artistas, distribuidores, empresas, compañías... “a todos aqueles que teñan algunha idea” que poida desenvolverse durante a xornada nos centros da Rede de Museos Municipais de Vigo: o Museo Quiñones de León de Castrelos, a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, a Casa das Artes, a Casa Galega da Cultura e o Verbum.

A participación dos axentes culturais e das artes escénicas será en réxime de concorrencia competitiva, de xeito que unha vez fagan a súa proposta de actividades, serán seleccionadas por un xurado. “Estamos convencidos de que abrindo este proceso imos mellorar moito” a nosa proposta de accións para celebrar a Noite Branca 2024.

 

Descargar todas as imaxes